martes, 30 de diciembre de 2014

Novas axudas da CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR

A conselleria do medio rural e do mar ven de publicar no DOG do 23 de decembro do 2014 as novas subencións para o financiamento de accións de cooperación para o  desenvolvemento de novos produtos, procesos e tecnoloxías no ámbito agroalimentario, agricola e forestal.

Trátase dunha convocatoria similar a publicada no ano 2013.

A continuación presentamos unha táboa resumindo as principais caracteristicas destas axudas (Código de procedemento MR331A)


ENTIDADE OFERTANTE
CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL E DO MAR
BASES REGULADORAS E CONVOCATORIA
ORDE 12/12/2014 (DOG 23/12/2014, páx. 52.280)
OBXECTO
Realización de accións de cooperación para o desenvolvemento de novos produtos, procesos e tecnoloxías nos sectores agroalimentario e forestal. Entendéndose por novo produto a obtención dun ben anteriormente inexistente; por novo proceso a obtención dun novo uso transformado para unha materia prima preexistente; e por nova tecnolóxica a mellora da eficiencia dun proceso produtivo.
BENEFICIARIOS
  A. Organizacións ou entidades relacionadas coa produción primaria en agricultura e/ou silvicultura.
  B. Empresas ou industrias transformadoras do sector agrario, alimentario e forestal ou da área de enerxías renovables de orixe agrícola e forestal.
AXENTES COOPERANTES (≥10%)
C. Produtores do sector agroforestal e as súas asociacións e outras organizacións ou entidades relacionadas coa produción primaria.
  D. Centros de investigación e experimentación da Consellería do Medio Rural e do Mar e centros tecnolóxicos participados por ela, así como outros centros públicos de investigación da CC.AA. (PARTICIPACIÓN OBRIGADA)
ACTIVIDADES SUBVENCIONABLES
  1. Iniciativas de cooperación ou Proxectos piloto que ofrezan saídas alternativas ou incrementen o valor engadido dos produtos agrarios e os seus transformados.
  2. Iniciativas de cooperación ou Proxectos piloto que introduzan melloras ambientais en procesos e tecnoloxías de produción e transformación agroalimentaria.
  3. Iniciativas de cooperación ou Proxectos piloto que permitan o desenvolvemento de fontes renovables de enerxía de orixe agraria e forestal.
CONCEPTOS SUBVENCIONABLES
1.A. ENTIDADES PRIVADAS: PERSOAL PROPIO (MÁX 25%x[ORZAMENTO TOTAL MENOS CUSTOS AXENTES COOPERANTES]);
1.B. CENTROS PÚBLICOS DE INVESTIGACIÓN OU TECNOLÓXICOS (non poden imputar PERSOAL PROPIO): PERSOAL TEMPORAL CONTRATADO (doutores, titulación universitaria ou técnica de grado medio ou superior) e PERSOAL DE APOIO NON VINCULADO ESTATUTARIA OU CONTRACTUALMENTE;
2. EQUIPAMENTO E INSTRUMENTAL (dedicación);
3. ADECUACIÓN OU MELLORA DE INFRAESTRUTURAS E EQUIPAMENTO;
4. SERVICIOS TECNOLÓXICOS EXTERNOS: análises, ensaios de laboratorio, enxeñaría, estudos, consultoría…
5. MATERIAL FUNXIBLE OU COMPOÑENTES;
6. VIAXES E AXUDAS DE CUSTO segundo DECRETO 144/2001;
7. AXENTES COOPERANTES: conceptos incluídos nos puntos 1 a 6 anteriores. No caso de CENTROS PÚBLICOS DE INVESTIGACIÓN OU TECNOLÓXICOS o custo da colaboración pode incrementarse nun 10% coma GASTOS INDIRECTOS presentando Informe Técnico do método de imputación;
8. IVE só se é soportado e non recuperable. Nunca no caso de Organismo de Dereito Público.
CONTÍA DA AXUDA
100%
SUBVENCIÓN MÁXIMA
200.000 €
PRAZO REALIZACIÓN GASTOS E PAGOS
30/09/2015
PRAZO SOLICITUDE
23/XANEIRO/2015
ANTICIPO
Non
CONCORRENCIA COMPETITIVA
Si
COMPATIBILIDADE OUTRAS AXUDAS
Si, suxeita ao réxime de minimis




No hay comentarios:

Publicar un comentario

""